Data 08/03/2025 14:35 Horas
Comunicado nº: 02
Atención participantes
Recoñecementos do treito: Exclusiva e obligatoriamente o día 12 de abril no horario previsto.
A organización de 2º Rallymix Serra do Argallo, quere lembrarlle a todos os participantes de esta edición, as normas para facer os recoñecementos, según a regulamentación publicada pola FGA.
RECOÑECEMENTOS.
16.2 Recoñecer en datas e horas diferentes ás establecidas conlevará ás seguintes Penalizacións:
Primeira infracción será penalizada cunha sanción económica de 200€ ou dun 1 minuto a criterio do Colexio de Comisarios Deportivos, a abonar polo concursante á Federación Galega de Automobilismo nas 48 horas seguintes á celebración da proba.
Segunda infracción penalizárase con “NON AUTORIZADO A TOMAR A SAÍDA”, por reincidencia, e traslado ó tribunal Galego de Apelación, para apertura a incoación do expediente disciplinario no seu caso.
16.4 Pola Federación Galega de Automobilismo notificárase ós Sub-Sectores da Garda Civil de tráfico e Rural, para seguir un control rigoroso e exhaustivo, conforme ó Real Decreto 1428/2003 de 21 de Novembro, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Circulación para a aplicación e desenvolvemento do texto articulado da Lei sobre Tráfco, aprobado polo Real decreto Lexislativo 339/1990 de 2 de Marzo, dos recoñecementos e solicitaráse o traslado das denuncias (D.G.T.) que se formulen por infraccións á normativa para adoptar as medidas federativas que no seu caso procedan.
O Comité Organizador
