skip to content

Inicio


 


APRAZAMENTO POSTA EN MARCHA SISTEMA DESCARTE MANGAS EN RALLYMIX
APRAZAMENTO POSTA EN MARCHA SISTEMA DESCARTE MANGAS EN RALLYMIX

A Federación Galega de Automobilismo (FGA) informa da decisión de levar á comisión delegada con carácter urxente o aprazamento da posta en marcha do sistema de descarte de mangas na modalidade de Rallymix para a presente tempada.

Esta medida tómase despois de escoitar as

A Federación Galega de Automobilismo (FGA) informa da decisión de levar á comisión delegada con carácter urxente o aprazamento da posta en marcha do sistema de descarte de mangas na modalidade de Rallymix para a presente tempada.

Esta medida tómase despois de escoitar as opinións dos implicados, incluíndo tanto a pilotos como a organizadores.

A FGA entende que é fundamental seguir mellorando e evolucionando nunha modalidade que posúe unhas particularidades moi específicas e que require un marco normativo que dea resposta técnica e deportiva a todos os participantes.

Neste senso, a FGA insiste en que calquera das decisións que se toman son polo ben do automobilismo deportivo galego, entendendo que os cambios en moitos casos son complexos e levan tempo.

Para facer efectiva esta decisión e axustar a normativa vixente, a FGA convocará de xeito inmediato unha Comisión Delegada co fin de modificar o punto correspondente do regulamento deportivo de cara ao que resta de tempada (pendente de aprobación na mesma).

Dende a FGA queremos agradecer a disposición ao diálogo e a colaboración de todos os implicados, reafirmando o noso compromiso coa transparencia e o crecemento constante das nosas competicións.

Comunicado Oficial FGA

Volver Seguinte publicación

 
PAUSE
Up