A organización do 1 Rallymix Serra do Argallo Figueiró Tomiño, quere agradecer a tódolos participantes, que polo ben común de axilizar as verificacións, fagan o esforzo de pasalas voluntariamente a tarde do venres 28 de xuño, facilitaráselle poder deixar os coches na explanada do Parque de Traballo, que estará vixiado por unha empresa de seguridade (sin responsabilidade para a organización).
Isto mesmo ocurrirá a noite do sábado para o domingo, para a comodidade e tranquilidade dos participantes.
Un saudo e grazas
A Organización